Sunday 19 de May de 2024

Alumnos e alumnas do Maruxa Mallo participan no ‘II Encontro de intercambio de experiencias educativas en linguas cooficiais”


Unha vintena de mozos e mozas interviñeron ante máis dun cento de profesores e profesoras da comunidade galega. A Cidade da Cultura serviu de escenario para esta celebración, que tivo lugar esta fin de semana

Un grupo de vinte e dúas alumnas e alumnos da promoción 2011-2015 do IES Maruxa Mallo impartiu unha conferencia no marco do “II Encontro de intercambio de experiencias educativas en linguas cooficiais”. Unha cita organizada pola Consellería de Educación e na cal participaron máis dun centenar de profesores e profesoras de lingua galega e castelá de toda Galicia. O lugar escollido para a súa celebración foi a Cidade da Cultura e tivo lugar este pasado sábado, 16 de xaneiro.
Na conferencia, titulada “Para empezar non hai que saber, pero para saber hai que empezar”, o alumnado expuxo a metodoloxía empregada e algúns dos proxectos de traballo que realizou no instituto dentro da materia de Lingua Castelá e Literatura. Os puntos e temas tratados na súa intervención fixeron referencia á importancia do traballo en equipo, creación de videopoemas, exposicións sobre literatura medieval, escritura de guións audiovisuais, gravación de curtametraxes, organización de recitais de poesía barroca, alternativas ao exame do libro de lectura, a publicación do libro ‘Historias de equipaje’ e a do xornal ‘Nós’’.
Miguel Baña Couselo, Adriana Calviño Beiroa, Natalia Castro Iglesias, Noelia Cernadas Méndez, Mireya Conde Raña, Lucía Couselo Lata, Carmen del Río Ferreiro, Verónica Ferreiro Viqueira, Diego Fraga Pallas, Noelia Garaboa Fernández, Juan Ramón González González, Ainhoa Graña Suárez, Daniel Grela Mosquera, Daniel López García, Silvia Martínez Costa, Eloy Martínez Liste, Sandra Moure Pico, Imane Rafai Handaoui, Marina Recouso Vilaboy, Marta Rodríguez Sanjurjo, Xela Sánchez Rodríguez e Iria Souto Iglesias foron os encargados de levar a cabo esta disertación.
.